Quen somos

O festival SONS DA LAMEIRA está organizado por dúas asociacións da parroquia de Matamá que teñen entre a xente nova a maior parte dos seus integrantes. Estas asociacións son o COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA e a ASOCIACIÓN XUVENIL DE ACTIVIDADES DE OCIO DE MATAMÁ, ambas as dúas constituidas por xóvenes con ampla experiencia na organización de eventos destas características, como por exemplo o Matamáfolc, Matamá Rock, Teima Rock, etc

O festival SONS DA LAMEIRA nace como consecuencia da necesidade de ampliar a oferta cultural que se desenvolve na parroquia de Matamá durante os meses do verán. Este festival constitue un claro exemplo de que a xuventude pode ter, e levar  a bo término dun xeito coordinado e serio, iniciativas culturais de grande interese para a cidadanía en xeral.