Grupos participantes

Venres 17 de xullo de 2009, 22:00 h (MATAMÁFOLC)

 Os grupos que participarán na septima edición do Matamáfolc han ser:

 

CREMA DE GAITA

É un grupo folk con insignia distintiva que abraza formas pouco convencionais na música folk concibida en Galicia, achegándose aos ritmos latinos como son o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova, xa que entende que Galicia posúe uns lazos culturais máis estreitos con Latinoamérica, a causa do fenómeno da emigración, que con outras culturas atlánticas que se tenden a fusionar habitualmente coa música galega.

Sen embargo, Crema de gaita non rexeita as influencias euroatlánticas nin versións de temas da música tradicional galega, para demostrar as múltiples posibilidades que ofrece a gaita en numerosos estilos, fuxindo así do tópico no que está encadrada na actualidade.

Aposta por un estilo orixinal e transgresor no que conflúe a música tradicional, popular e culta, nun intento de irmandar as diferentes culturas que conviven na actualidade. Este eclecticismo musical é froito do percorrido dos membros do grupo en diferentes ámbitos, como as bandas de música, orquestras, formacións tradicionais galegas e conservatorios, e todo tipo de grupos, jazz pop, rock, electrónica .
O groso do repertorio constitúeno fundamentalmente as composicións de Ernesto Campos, membro de Crema de gaita e autor de temas gravados por artistas da talla de Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane. .
Os músicos que forman Crema de gaita son:
  • Diego Mariño (gaitas e frautas)
  • Marcos Campos (gaitas e frautas)
  • Xose M. López Josele (clarinete, saxo e gaita)
  • Cris Macías (teclados, acordión e voz)
  • Ernesto Campos (guitarra, serra musical e coros)
  • Judith Alonso (baixo eléctrico)
  • Suso Feixón Alonso (batería e percusións)

 

TANTO NOS TEN

As letras dos seus temas, a parte de tradicionais, tamén son propias, onde o escarnio e o saber popular complementan aos ritmos bailables coma, pasodobles, muiñeiras, mazurcas ou fox-trotes, que fan de Tanto Nos Ten un grupo de música dinámico e divertido.

Los componentes de Tanto nos Ten son:

  • Manuel Cruces (gaita, frautas e voz).
  • Pedro Blanco (acordeón diatónico e voz).
  • Josinho da Teixeira (Tambor  voz e parrafeos varios).
  • Cayetano(Zanfona, pandeireta e voz).
  • Carlinhos de Arcade (Bombo e voz).
TIRULEQUE

Nace como consecuencia das inquedanzas musicais de seis rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional. Bebendo nas fontes desa tradición musical galega, tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros, pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de “etiquetas” que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo “música galega” nun intento de clasificar o seu estilo..

Neste aspecto, a máxima é a de acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias,campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.

Nas suas actuacións están presentes instrumentos claramente unidos á música tradicional galega, mais empregados ao xeito propio do grupo. Reinterpretando en certa manera a tradición, recurre a súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso das tonalidades e modos..

Os músicos que forman Tiruleque son:
  • ANTÓN BUENO (contrabaixo, gaita, coros).
  • ALEX FENTE (acordeón, coros).
  • LUÍS GARCÍ (bombo con pratos, percusións, coros).
  • MIGUEL HORJALES (caixa, percusións, coros).
  • PABLO PINTOR (clarinete, gaita, pito galego, triángulo, voz)
  • FERNANDO ROMÁN  (saxo, clarinete, gaita, pito galego, coros)

 

Para máis información sobre os grupos do MATAMÁFOLC podedes consultar a páxina: www.matamafolc.com


 

Sábado 18 de xullo de 2009, 22:00 h (MALAHERBA ROCK)

No Malaherba Rock tocarán os grupos:

SKARNIO

Coerência nos factos e eficácia nas formas, festa, luita e compromisso som as palavras que definem a este colectivo político-musical galego que nasce no bairro viguês de O Calvário, para convertirem-se doze anos após num colectivo nacional, com os seus integrantes em Vigo, A Corunha e Ourense. Depois de editar dous trabalhos, "A filosofia da acçom da guerrilha urbana"(1999) e "Arredista"(2003) começam a ser umha das bandas a destacar, actuando para muitas e diversas causas, desde independentistas a solidárias com o movimento antifascista em geral. Agora editam " O NOSSO CAMINHO"(2008) disco no que amostram toda a sua bagagem musical ao longo de 12 anos. Neste disco colabora gente como Juantxo “Skalariak”, Almudena “Transilvanians”, Mini “A Quenlla”, Senem “Xenreira”... Autoproducido baixo o nome de "Arredista produçons" e registado baixo a licença de Copyleft-Creative commons..

PUTA MISERIA

Despois de 3 anos desaparecidos decidimos xuntarnos de novo para tocar no SONS DA LAMEIRA por que nos saiu dos collóns e por un bocadillo de chouriso. .

Agora somos un pouco mais vellos pero ainda seguimos tendo moi mala ostia para atacar os de sempre: a policia, os políticos, os sindicatos, os chivatos e esquiroles, a igrexa, as ett´s, etc... E para meterlles caña a todos estes traeremos novamente o CAPITAN ANARQUIA e os seus axudantes.

Os músicos que forman PUTAMISERIA son:
Colaboracións:

Asi que nos vemos o 18 de xullo en Matamá ... e o que non nos queira ver que vaia tomar polo cu.

APHONNIC

Después de dos discos editados SILENNCE (PAI MÙSICA-2003) y FOOLPROOF (Autoedición -2006), Aphonnic presenta su tercer disco 6BAJOPAR que tiene prevista su salida para el 12 de Enero del 2009 a través de Maldito Records y Maldito Digital (Koma, Habeas Corpus, Ktulu, Lujuria etc...).

Un nuevo trabajo que no dejará de sorprender en cada uno de sus cortes, ya no sólo por la calidad de los mismos, sino por su nueva y firme apuesta musical. Si nos tenían acostumbrados a unas letras contundentes en inglés ahora dejan paso a una mayor explosión de contenidos en castellano. Después de su última gira por toda la península y con más de 50 conciertos a sus espaldas, compartiendo escenario con grupos como (Hamlet, Sober, Skizoo, Habeas Corpus, Skundf, Terroristars, Estirpe, Tenpel, Kannon, Boikot y un largo etc. Dos videoclips editados Little Girl de su primer CD Silennce y Hugo Box de su reciente Foolproof, ambos realizados por Jorge Coria, director con quien ya habían colaborado en la realización de la banda sonora de la película El año de la garrapata con una versión del “Bienvenidos” de Miguel Ríos.

Cuando el grupo se encuentra preparado para dar el salto, sorprender y renovar. ES LO SUYO.

ROJO 2

Banda viguesa, do barrio de coia, que comeza a súa andadura con Alber e Xandre (guitarristas) e Jabu (batería), co único obxectivo de facer hardcore dunha maneira agresiva e reinvindicativa, tentando sempre expoñer as súas ideas de forma clara e directa dentro do caos mediático no que se atopa hoxe en día a sociedade actual. .

Banda viguesa, do barrio de coia, que comeza a súa andadura con Alber e Xandre (guitarristas) e Jabu (batería), co único obxectivo de facer hardcore dunha maneira agresiva e reinvindicativa, tentando sempre expoñer as súas ideas de forma clara e directa dentro do caos mediático no que se atopa hoxe en día a sociedade actual. Máis tarde incorpórase Diego (vocalista) para pechar a formación con Juanillo (baixista). Xa no 2008, tras dar uns 20 concertos, grava, a sua primeira demo, composta de tres temas, Rojo 2 é una banda de hardcore que pretende mostrar frescura e dinamismo coa maior contundencia posible en directo.

Para máis información sobre os grupos do MALAHERBAROCK podedes consultar a páxina: www.myspace.com/452018890