Grupos participantes

Venres 18 de xullo de 2008, 22:00 h (MATAMÁFOLC)

 Os grupos que participarán na sexta edición do Matamáfolc han ser:

Entre Lugo e Ferrol naceu este proxecto acordeonístico que dende os seus comezos contou coa participación de moitos músicos, que sorprendentemente seguen a ser amigos. Cada un deles forma parte de Serra-lhe aí!!! a través da aportación de pezas que compoñen o repertorio do novo espectáculo co que queren recuperar a era tabernaria.

O repertorio de Serra-lhe aí!!! quere ser unha homenaxe aos camiños do vento, a todos eses artistas que durante séculos levan mantendo viva a esencia da música tabernaria. O fol da gaita, os acordeóns e os metais teñen o mesmo ar, o vento mareiro do norte. Contan coa inestimable colaboración do Sindicato do Metal, e a incorporación do mestre gaiteiro Iván Costa, que deriva en dúas formacións de cinco ou nove músicos coas que o baile e a diversión están garantidos.

A viaxe que propón Serra-lhe aí!!! nos seus concertos, ten como base a música tradicional, sempre dende a perspectiva propia do grupo, que imprime nas cancións de sempre un caracter festivo e unha interpretación diferente baseada na contundencia e nas inmensas posibilidades que proporcionan dous acordeóns soando compasadamente.
Sen deixar de lado a tradición, o grupo engade unha extensa representación de composicións contemporáneas. Algúns dos referentes gaitísticos máis importantes en Galiza como, Iván Costa, Edelmiro Fernández, Dani Bellón o Andrés Toxeiro, confían as súas composicións máis arriscadas, poñéndoas a merced da creatividade do grupo, dando como resultado unha proposta que condensa o mellor da música tradicional "made in Galiza".

Nos directos de Serra-lhe aí!!! flúe a comunicación entre o grupo e o público, e este é participe hasta o punto de subir ao escenario. Os concertos son sorprendentes, divertidos e sobre todo participativos, ben sexa cantando, tocando a pandeireta ou bailando. A partir do momento no que se pide a participación do público xa non hai marcha atras, e ata o imperturbable da última fila contáxiase co implacable ritmo de Serra-lhe aí!!!

 

XOCHILMICA

Nada mellor que este grupo para garantir a esmorga. A banda, que cumpre o seu primeiro lustro, acaba de publicar o seu segundo traballo discográfico no que gañan presencia os temas propios. Un novo álbum titulado Carta branca, que conserva o espírito festivo e a musicalidade da instrumentación tradicional galega e en torno ao que xirará o concerto no Festival. Non obstante, non faltará tampouco o repaso aos temas que os impulsaron.

Chegados dende o eido tradicional, o grupo Xochilmica comeza a súa andaina en Compostela no verán do 2003.

Con menos dun ano de vida, o grupo Xochilmica gaña o “V Certame de Música folk de Radio Obradoiro”, feito que lle dá a posibilidade de gravar o seu primeiro disco: “5 ELEMENTOS”. O que veu despois era case imposible de imaxinar: Festival Internacional de Ortigueira, Festival Interceltique de Lorien, circuito “Artistas en Ruta”, “Celtik Fest of Chicago”... Agora Xochilmica presenta o seu segundo traballo “CARTA BRANCA”, un espectáculo de moitísima intensidade e calidade musical, que conserva toda a frescura e musicalidade da instrumentación tradicional galega, pero que aposta por unha dimensión contemporánea da música feita aquí, na Galiza.

OS CARUNCHOS

Nace o grupo a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país. Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas tan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira testa chea de forza e diversión.

No ano 1998 grava o seu primeiro CD que leva por nome "¡Ala, que vai!" . A este traballo ségueno a edición de "Sen tempo non era" en 2002 e "Montealegre" en 2005. En todos eles amósase unha clara aposta  pola nosa cultura, pola nosa lingua e polos nosos instrumentos, rescatando vellas cantigas da tradición oral e introducindo novas composicións para o xa extenso repertorio da música galega.

En  todos estes anos comparten escenario cos  máis importantes grupos de música galega: Na Lúa, Leilía, Berrogüetto, Os Cempés, Treixadura, Ardentía, Chouteira, Luar na Lubre, ...

Con directos nos que se pode disfrutar da forza do folk tradicional, así como da variedade de timbres, tonalidades e ritmos da nosa música, da nosa poesía popular, dos vellos e novos romances, etc. Facendo das súas actuacións unha verdadeira festa na que o público se sente partícipe da mesma.

 

Para máis información sobre os grupos do MATAMÁFOLC podedes consultar a páxina: www.matamafolc.com


 

Sábado 19 de xullo de 2008, 21:00 h (MALAHERBA ROCK)

No Malaherba Rock poderedes escoitar aos grupos:

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

Xa chegou por fin, o marabilloso home orquestra, preparado para vibrar en calqueira situación que se faga valer. Especialmente indicado para tódolos públicos e sen contraindicacións, salvo uns pequenos graniños en caso de inxestión masiva. Poden consumilo os nenos e as nenas, os vellos e as vellas,  os políticos e as politicas,  os punkis e as punkas, os ghevis e as ghevas, os parados e as paradas,  os jipis e os jipijos, as mamas e os papás. Eche coma un chicle, maleable, adáptase a calqueira situación,  tanto che canta unha doce canción ao  ouvido en horas baixas, como che coloca un enchufe en horas mortas, e todo isto a un baixo prezo, economicamente rentable, ao alcance de tódolos bolsillos. Non debería existir casa decente  sen o seu home orquestra, ata as mais indecentes deberían contar cos seus servicios pola súa discreción e saber estar.

KAPATAZ

Já não restam dúvidas acerca deste rapper chegado desde a cidade de Porto chamado Kapataz, que a meados de 2003  começa a dar os primeiros passos como Mc. Ainda hoje fiel aos mesmos princípios da altura, Kapataz debita um Rap nu e cru sem preconceitos nem tento na língua e, acima de tudo, Tripeiro.

Depois de uma rápida evolução no seu “Skill” a cidade começa a ver este Mc a dar os seus primeiros passos e a descobrir que foi talhado para o Hip Hop, é então que, por volta de 2004, o “Mc de combate” começa a dar uma série de concertos e participações ao vivo, que só abranda a meio de 2006 quando finalmente entra em estúdio e dá asas à sua criatividade entrando num mundo ainda pouco conhecido.

Cerca de um ano depois, após um trabalho intenso de aprendizagem e dedicação, surge “Nada a Temer” o seu primeiro álbum com sonoridade fiel a si mesmo e reunindo participações de artistas do calibre de Bezegol, Fuse, Maze, e Tribuno, entre outros.

Kapataz tem vindo a trabalhar com o mc e produtor tribuno aka cientista do bombo, dep 25,dj-spot,dj-kid flames, e também com o fuse, maze, e mc/dj bezegol dos matozoo, trickpa, krazz (OZC), -sakeadores- morteiro e bh, jota, Diana Meireles...

OI! SE ARMA

Oi! Se Arma nace en Maio de 2005, cando 5 amigos, provintes de outras formacións da escea punk-skin  deciden formar un novo grupo centrado no Oi!.  Así pois, baixo esta formación composta por 2 voces , 2 guitarras , baixo  e batería  comezan a dar forma os novos temas.
O primeiro concerto de Oi! Se Arma tivo lugar o 26 de Agosto del 2005, na Praza do barrio de San Bartolomé de Geneto, na ciudade de Aguere. Aquilo foi unha primeira toma de contacto co público, dando un repertorio composto por antiguos temas de Aberración Musical rescatados para este grupo así como temas de recente creación

A finais dese mesmo ano alguns membros da formación abandonan o grupo e Oi se Arma comeza as súas actuacións que moi axiña esta  gustandoe xa o público coñece os seus temas e cada concerto é unha fiesta. A primeira grande oportunidade para o  grupo foi  tocar nas IV Jornadas contra el racismo, organizadas polo Frente Blanquiazul, hinchas do Club Deportivo Tenerife, donde van a compartir esceario xunto cos veteranos A.S.C.O e os italianos Banda Bassotti.   Oi! Se Arma, arroupado por unha audiencia de cerca de 1000 persoas da un gran concerto e se consolida como un dos grupos a ter en conta dentro da escea alternativa canaria. Desde entonces o grupo  editou unha maqueta(Ya es domingo!), grabada en directo en el citado concierto, e  grabau o seu primer disco "Balas Perdidas (Si vis Pacem, para Bellum)".

En pouco tempo logran fichar polo selo estatal WC Records. A edición do LP "Balas Perdidas"  supuso un salto cualitativo para a banda. As ventas foron moi superiores o esperado e as críticas moi positivas. Os conciertos foronse sucedendo polo resto do estado e incluso por   territorio europeo.

DEKREPITS

Dekrèpits somos un grupo del empordà nacido en el 2003, dónde después de poner fin al grupo Skamot Empordà empezamos a trabajar y a rodar esté proyecto. Basamos nuestra música en ritmos de Reagge y Ska, todo y que con unas pinceladas imprescindibles de Folk, gracias a un acordeón diatónico cojonudo.

La sección de vientos, importantísima en nuestra música tiene un alto nivel musical así como de dekrepitismo, que se manifiesta en cada concierto que hacemos, y la columna vertebral dekrèpita la acaban formando bajista, batería, guitarra y voz, una voz que también hace percusiones con congas y jamblocks.

La ideología de Dekrèpits es claramente de crítica social, dónde reivindicamos y defendemos unos ideales que consideramos básicos para poder conseguir unos Países Catalanes libres y socialistas (de Fraga a Maó y de Salses a Guardamar) que nos identificamos como pueblo.

grupos

Grupos participantes

Venres 17 de xullo de 2009, 22:00 h (MATAMÁFOLC)

 Os grupos que participarán na septima edición do Matamáfolc han ser:

 

CREMA DE GAITA

É un grupo folk con insignia distintiva que abraza formas pouco convencionais na música folk concibida en Galicia, achegándose aos ritmos latinos como son o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova, xa que entende que Galicia posúe uns lazos culturais máis estreitos con Latinoamérica, a causa do fenómeno da emigración, que con outras culturas atlánticas que se tenden a fusionar habitualmente coa música galega.

Sen embargo, Crema de gaita non rexeita as influencias euroatlánticas nin versións de temas da música tradicional galega, para demostrar as múltiples posibilidades que ofrece a gaita en numerosos estilos, fuxindo así do tópico no que está encadrada na actualidade.

Aposta por un estilo orixinal e transgresor no que conflúe a música tradicional, popular e culta, nun intento de irmandar as diferentes culturas que conviven na actualidade. Este eclecticismo musical é froito do percorrido dos membros do grupo en diferentes ámbitos, como as bandas de música, orquestras, formacións tradicionais galegas e conservatorios, e todo tipo de grupos, jazz pop, rock, electrónica .
O groso do repertorio constitúeno fundamentalmente as composicións de Ernesto Campos, membro de Crema de gaita e autor de temas gravados por artistas da talla de Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane. .
Os músicos que forman Crema de gaita son:
  • Diego Mariño (gaitas e frautas)
  • Marcos Campos (gaitas e frautas)
  • Xose M. López Josele (clarinete, saxo e gaita)
  • Cris Macías (teclados, acordión e voz)
  • Ernesto Campos (guitarra, serra musical e coros)
  • Judith Alonso (baixo eléctrico)
  • Suso Feixón Alonso (batería e percusións)

 

TANTO NOS TEN

As letras dos seus temas, a parte de tradicionais, tamén son propias, onde o escarnio e o saber popular complementan aos ritmos bailables coma, pasodobles, muiñeiras, mazurcas ou fox-trotes, que fan de Tanto Nos Ten un grupo de música dinámico e divertido.

Los componentes de Tanto nos Ten son:

  • Manuel Cruces (gaita, frautas e voz).
  • Pedro Blanco (acordeón diatónico e voz).
  • Josinho da Teixeira (Tambor  voz e parrafeos varios).
  • Cayetano(Zanfona, pandeireta e voz).
  • Carlinhos de Arcade (Bombo e voz).
TIRULEQUE

Nace como consecuencia das inquedanzas musicais de seis rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional. Bebendo nas fontes desa tradición musical galega, tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros, pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de “etiquetas” que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo “música galega” nun intento de clasificar o seu estilo..

Neste aspecto, a máxima é a de acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias,campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.

Nas suas actuacións están presentes instrumentos claramente unidos á música tradicional galega, mais empregados ao xeito propio do grupo. Reinterpretando en certa manera a tradición, recurre a súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso das tonalidades e modos..

Os músicos que forman Tiruleque son:
  • ANTÓN BUENO (contrabaixo, gaita, coros).
  • ALEX FENTE (acordeón, coros).
  • LUÍS GARCÍ (bombo con pratos, percusións, coros).
  • MIGUEL HORJALES (caixa, percusións, coros).
  • PABLO PINTOR (clarinete, gaita, pito galego, triángulo, voz)
  • FERNANDO ROMÁN  (saxo, clarinete, gaita, pito galego, coros)

 

Para máis información sobre os grupos do MATAMÁFOLC podedes consultar a páxina: www.matamafolc.com


 

Sábado 18 de xullo de 2009, 22:00 h (MALAHERBA ROCK)

No Malaherba Rock tocarán os grupos:

SKARNIO

Coerência nos factos e eficácia nas formas, festa, luita e compromisso som as palavras que definem a este colectivo político-musical galego que nasce no bairro viguês de O Calvário, para convertirem-se doze anos após num colectivo nacional, com os seus integrantes em Vigo, A Corunha e Ourense. Depois de editar dous trabalhos, "A filosofia da acçom da guerrilha urbana"(1999) e "Arredista"(2003) começam a ser umha das bandas a destacar, actuando para muitas e diversas causas, desde independentistas a solidárias com o movimento antifascista em geral. Agora editam " O NOSSO CAMINHO"(2008) disco no que amostram toda a sua bagagem musical ao longo de 12 anos. Neste disco colabora gente como Juantxo “Skalariak”, Almudena “Transilvanians”, Mini “A Quenlla”, Senem “Xenreira”... Autoproducido baixo o nome de "Arredista produçons" e registado baixo a licença de Copyleft-Creative commons..

PUTA MISERIA

Despois de 3 anos desaparecidos decidimos xuntarnos de novo para tocar no SONS DA LAMEIRA por que nos saiu dos collóns e por un bocadillo de chouriso. .

Agora somos un pouco mais vellos pero ainda seguimos tendo moi mala ostia para atacar os de sempre: a policia, os políticos, os sindicatos, os chivatos e esquiroles, a igrexa, as ett´s, etc... E para meterlles caña a todos estes traeremos novamente o CAPITAN ANARQUIA e os seus axudantes.

Os músicos que forman PUTAMISERIA son:
Colaboracións:

Asi que nos vemos o 18 de xullo en Matamá ... e o que non nos queira ver que vaia tomar polo cu.

APHONNIC

Después de dos discos editados SILENNCE (PAI MÙSICA-2003) y FOOLPROOF (Autoedición -2006), Aphonnic presenta su tercer disco 6BAJOPAR que tiene prevista su salida para el 12 de Enero del 2009 a través de Maldito Records y Maldito Digital (Koma, Habeas Corpus, Ktulu, Lujuria etc...).

Un nuevo trabajo que no dejará de sorprender en cada uno de sus cortes, ya no sólo por la calidad de los mismos, sino por su nueva y firme apuesta musical. Si nos tenían acostumbrados a unas letras contundentes en inglés ahora dejan paso a una mayor explosión de contenidos en castellano. Después de su última gira por toda la península y con más de 50 conciertos a sus espaldas, compartiendo escenario con grupos como (Hamlet, Sober, Skizoo, Habeas Corpus, Skundf, Terroristars, Estirpe, Tenpel, Kannon, Boikot y un largo etc. Dos videoclips editados Little Girl de su primer CD Silennce y Hugo Box de su reciente Foolproof, ambos realizados por Jorge Coria, director con quien ya habían colaborado en la realización de la banda sonora de la película El año de la garrapata con una versión del “Bienvenidos” de Miguel Ríos.

Cuando el grupo se encuentra preparado para dar el salto, sorprender y renovar. ES LO SUYO.

ROJO 2

Banda viguesa, do barrio de coia, que comeza a súa andadura con Alber e Xandre (guitarristas) e Jabu (batería), co único obxectivo de facer hardcore dunha maneira agresiva e reinvindicativa, tentando sempre expoñer as súas ideas de forma clara e directa dentro do caos mediático no que se atopa hoxe en día a sociedade actual. .

Banda viguesa, do barrio de coia, que comeza a súa andadura con Alber e Xandre (guitarristas) e Jabu (batería), co único obxectivo de facer hardcore dunha maneira agresiva e reinvindicativa, tentando sempre expoñer as súas ideas de forma clara e directa dentro do caos mediático no que se atopa hoxe en día a sociedade actual. Máis tarde incorpórase Diego (vocalista) para pechar a formación con Juanillo (baixista). Xa no 2008, tras dar uns 20 concertos, grava, a sua primeira demo, composta de tres temas, Rojo 2 é una banda de hardcore que pretende mostrar frescura e dinamismo coa maior contundencia posible en directo.

Para máis información sobre os grupos do MALAHERBAROCK podedes consultar a páxina: www.myspace.com/452018890