O festival SONS DA LAMEIRA está organizado por dúas asociacións da parroquia de Matamá que teñen entre a xente nova a maior parte dos seus integrantes. Estas asociacións son o COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA e a ASOCIACIÓN XUVENIL DE ACTIVIDADES DE OCIO DE MATAMÁ, ambas as dúas constituidas por xóvenes con ampla experiencia na organización de eventos destas características, como por exemplo o Matamáfolc, Matamá Rock, Teima Rock, etc...



O festival SONS DA LAMEIRA nace como consecuencia da necesidade de ampliar a oferta cultural que se desenvolve na parroquia de Matamá durante os meses do verán. Este festival constitue un claro exemplo de que a xuventude pode ter, e levar  a bo término dun xeito coordinado e serio, iniciativas culturais de grande interese para a cidadanía en xeral.

Emails de contacto:
axmatama@gmail.com
colectivomalaherba@gmail.com


Como chegar a Matamá

Por Autoestrada:

Tanto se vides dende a AP-9 como dende a A-52 deberedes seguir as indicacións para BAIONA.

Unha vez na autoestrada en dirección BAIONA collede a saída nº 11 que indica hacia VIGO pola VG-20 (T. BOUZAS).
 

Seguir sempre pola VG-20 ata coller a saída nº 5 (Matamá)

Unha vez fora da VG-20: Na primeira rotonda virar á direita en dirección a Matamá. Na segunda rotonda virar á esquerda. Continuar sen nengún desvío até o Colexio Público Josefa Alonso. En frente está o lugar de actuación (torreiro da festa de Matamá).

 


Máis información en
www.matamafolc.com

ou tamén en: pincha AQUÍ

Dende Vigo:

Dende a Praza de América (AS TRAVESAS) coller a Avenida de Castrelos.

Continuar pola Avenida de Castrelos ata pasar o Cemiterio de PEREIRÓ

Ao chegar á rotonda na que se atopa o "DODECAEDRO" continuar na mesma dirección.
 

No 2º semáforo coller o desvío á DEREITA e continuar ata a IGREXA.

Pasada a igrexa coller o cruzamento á ESQUERDA e logo duns 100 metros está o TORREIRO DA FESTA.

LIÑAS DE AUTOBÚS URBANO

12B

20 (Freixo)

17 (Última parada na Fonte de Alvite na entrada a Matamá).


 
 LogoAXM

logomalaherba
 
 
  Site Map